Era
evidente que estaba nervios@.
Ainda
que o día era agradable, nin o sol, nin a brisa me conseguían liberar daquel
desacougo irracional. Cando xa estaba fronte ó edificio, subín as escaleiras de
vagar, quizáis cuns pés demasiado pesados. De súpeto, abríuse a porta e detrás
dun gran sorriso oín que me dicían: “Benvido, entra, esta será a partires de
agora unha casa para ti…”